Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polémica pola protesta dunha nova restauración da talla da Virxe de Chamorro

Polémica pola protesta dunha nova restauración da talla da Virxe de Chamorro

Varias asociacións, entre elas, Apatrigal, puxéronse en contato con Patrimonio para tratar de impedilo

G24.gal 27/01/2023 14:05

Polémica en Ferrol a conta da restauración da talla de madeira da Virxe de Chamorro. Os devotos, numerosísimos en toda a comarca, temen que se produza un caso semellante ao do tristemente famoso eccehomo de Borja.

O certo é que nos seus 900 anos de historia sufriu diversas transformacións e pouco queda xa da orixinal, do século XII.

O seu aspecto actual é froito dunha restauración dos anos 90: pelo sintético e un rostro de cor prata moi distinto ao inicial, que era de madeira.

Así que, para evitar que siga sufrindo transformacións indebidas, varias asociacións, entre elas Apatrigal, contactaron coa Dirección Xeral de Patrimonio.

Entenden que, ao ser un ben de interese cultural galego, debe pasar por todos os trámites axeitados. E pídenlle tamén a Patrimonio que tome cartas no asunto antes de que sexa tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade