Cargando resultados...
Pola Pascua en Compostela óese a carraca
Soou ao mediodía e volverá facelo ás seis da tarde a ás dez da noite
O mestre carraqueiro fai soar a carraca da Catedral o Venres e o Sábado santos
G24.gal
15/04/2022 13:50
É un evento sonoro que acontece só dous días ao ano. A carraca da Catedral volveu percutir este mediodía, en sustitución das campás, pola acción do mestre carraqueiro.
O instrumento actual, réplica do histórico, estreouse hai doce anos.
Volverá soar ás seis desta tarde e ás dez da noite. Todo unha tradición de Pascua que volve mañá con outras tres soadas.
