Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pol Figueras chega ao Obradoiro coa mente posta en que “o equipo xogue o mellor posible”

Pol Figueras chega ao Obradoiro coa mente posta en que “o equipo xogue o mellor posible”

G24.gal 04/09/2023 13:48 Última actualización 04/09/2023 13:55

O Monbus Obradoiro continúa coa súa rolda de presentacións e chegoulle a quenda a Pol Figueras. O base, que xa disputou os seus primeiros minutos co conxunto compostelán no VIII EncestaRías ante Unicaja de Málaga e Río Breogán, atendeu os medios de comunicación por primeira vez como obradoirista.

O xogador comezaba sinalando a súa alegría por estar en Santiago:

“Estou moi contento de estar aquí, de estar neste club, nesta cidade. Vou tentar dar o mellor de min para axudar ao equipo, dar a miña mellor versión e poder levar o nome do club a unhas cotas altas. Facer un bo baloncesto, sobre todo”, engadía.

Para Pol, este é “un club moi familiar, pequeno e de poucas persoas, pero un club moi humano, onde a xente que ficha ou Moncho (Fernández) están sempre moi interesados na faceta humana do xogador".

Figueras procede do Xirona e hai dúas temporadas xogou en Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar