Publicador de contidos

Publicador de contidos

Poden cobrarnos pola auga filtrada nos restaurantes?

Poden cobrarnos pola auga filtrada nos restaurantes?

Segundo a OCU, non, posto que "segue sendo auga da billa" 

Ademais, están obrigados a ter carta en papel, e non exclusivamente o código QR

G24.gal 25/08/2025 14:48

Hai 3 anos que en España podemos esixir como clientes auga da billa gratis. Pero que pasa cando a tratan con filtros e a poñen nunha botella de cristal?

"Iso implica unha instalación e un servizo que ten un custo para os hostaleiros".

"Eu creo que non deixa de ser auga da billa, non está xustificado cobrala".

A dúbida é razoable, e a reposta da OCU moi clara:

"Entendemos que a auga filtrada non se pode cobrar porque non ten un rexistro sanitario, é auga da billa independentemente de como queiran vestila", explica Enrique García, voceiro da organización de consumidores.

E da auga filtrada ás cartas con código QR. Desde a pandemia fixéronse moi populares, xerando aprobación e rexeitamento a partes iguais.

"Eu prefiro a tradicional, son moi antiga".

"Eu teño 21 anos e son informático e prefiro a carta física así e todo".

"A min o QR paréceme moi práctico, aforramos papel e ademais así non tocamos cartas sucias".

"É moi cómodo, aforras papel e ademais os hostaleiros poden cambiar a carta e os idiomas con facilidade".

Pois ben, por moitas vantaxes que teñan os QR, o certo é que o local ten que contar cunha alternativa onde consultar menú e prezos.

"É obrigatorio sempre ter a carta en soporte físico tamén, para que os non teñen ou non saben manexar o QR con facilidade".

E  se están na terraza e lles cobran un suplemento, iso si poden facelo. Sempre que o establecemento o informe claramente. O que está prohibido en España é cobrar un extra por cuberto ou incluír a propina na conta. Unhas prácticas abusivas cada vez máis comúns, sobre todo nas localidades turísticas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade