Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas reforzará a atención primaria en febreiro con técnicos de saúde

O Sergas reforzará a atención primaria en febreiro con técnicos de saúde

Comesaña anunciou que van convocar máis de 1.000 prazas de enfermería a finais de febreiro

G24.gal 25/01/2022 07:33

O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña anunciou que o Servizo Galego de Saúde vai incorporar a primeiros de febreiro os que chama "técnicos de saúde", médicos en formación sen a especialización, para "apoio" nos labores dos facultativos de atención primaria.

Para realizar estes labores de apoio presentáronse máis de 150 solicitantes, que poderán incorporarse a principios do próximo mes para tramitación de baixas, elaborar receitas ou seguimento de pacientes con covid–19, tarefas similares ás que están a realizar os médicos xubilados que se reincorporaron para axudar ante a sexta vaga da pandemia.

Esta é unha das medidas que García Comesaña relatou durante unha comparecencia no Parlamento para paliar a situación que vive este nivel asistencial ante o "aumento explosivo" dos contaxios da variante ómicron que, ademais, coincidiu co "descanso correspondente" dos profesionais sanitarios, segundo referiu.

Outra das medidas é a posta en marcha do novo sistema de xestión da demanda, XIDE (Xestión Integral de Demanda en Equipo), que se está probando en dous centros de saúde da comunidade autónoma, o de Culleredo (A Coruña) e o de Illas Canarias en Lugo.

Detectouse a través del que "a metade da sobredemanda" de consultas nunha xornada podería atenderse outro día, e persoal diferente aos médicos, explicou o conselleiro. Ademais, advertiu que a solución para a atención primaria é "todo menos sinxela porque o persoal é o que temos" debido a unha escaseza de médicos que enmarca nun problema xeral de toda España, polo que derivou a responsabilidade de adoptar máis medidas ao Goberno central.

Comesaña quixo subliñar o labor realizado por Galicia na campaña de administración de vacinas, que permitiu que a comunidade autónoma "lidere a vacinación non só en España, senón en Europa". Animou a poboación que está sen vacinar a que o faga.  

O conselleiro de Sanidade explicou os problemas de saturación en atención primaria durante o Nadal por dous factores: un aumento exponencial de contaxios, e menos persoal porque moito estaba contaxiado e outros tiñan permisos e vacacións concedidas. Aínda así, lembrou que nos últimos 3 anos o persoal de Atención Primaria aumentou en 331 persoas.

Os grupos da oposición aseguran que o persoal foi reducíndose nestes anos, e que a pandemia só puxo en evidencia os problemas estruturais da Primaria.

Comesaña recoñeceu falta de médicos especialistas en medicina familiar e comunitaria. Tamén hai un déficit de enfermeiras. Por esa razón anunciou que van convocar máis de 1.000 prazas de enfermería a finais de febreiro. Tamén acaban de solicitar ás facultades de enfermería que sumen 385 novas prazas de estudantes.

 

Minuto a minuto

10:07

Comeza a comparecendia do conselleiro de Sanidade

10:08

Comesaña recoñece que a carga administrativa, xerada pola explosión de casos da variante ómicron, está a provocar problemas en Atención Primaria

10:09

O conselleiro de Sanidade di que Galicia é líder na vacinación e que os datos de hospitalización son menores, por iso o seguimento dos casos positivos recae na Atención Primaria

10:10

Comesaña: "Actualmente Galicia conta cunha incidencia acumulada de 3.102 casos a 14 días e hoxe está en 1.338 a 7 días. Hai 67.350 casos activos e a presión hospitalaria é contida, pese a ter 638 pacientes hospitalizados".

10:13

O conselleiro de Sanidade destaca que a poboación maior de 12 anos cunha dose da vacina é do 95,2 % en Galicia

10:19

Comeseña: "O seguimento dos pacientes asintomáticos ou leves recaeu na Atención Primaria e conlevou unha situación de maior presión nesta área asistencial. A medida que avanza a pandemia, actuábamos para que parte da sobre demanda que había nos Centros de Saúde saira deles".

10:21

O conselleiro de Sanidade destaca que en Galicia non se empregaron os Centros de Saúde para realizar PCRS e que a comunidade conta con 32 puntos para facelas

10:23

Comesaña: "Contamos coa central de seguimento de contactos para a enquisa inicial de positivos e dos contactos estreitos en colaboración cos rastrexadores militares. Unha medida para descarar dese traballo aos Centros de Saúde".

10:24

Comesaña: "Foi preciso adoptar novas medidas para abordar a sobre demanda nos Centros de Saúde. Puxemos en marcha a autodeclaración dos casos positivos na páxina web do Sergas, reforzamos o teléfono 881 540 045 para comunicar os positivos, ademais para os casos leves ou asintomáticos, as chamadas do persoal de enfermerí,a realizábanse os días 1 e 7 para reducir a presión nas axendas".

10:25

O conselleiro de Sanidade afirma que as farmacias galegas detectaron 3.171 positivos nos 122.445 tests realizados nas boticas

10:27

Comesaña: 2Sobre a posta en marcha da plataforma CRM ( que permite a devolución das chamadas que se fan aos Centros de Saúde), iniciamos o piloto en 15 centros e xa está despregado en 30".

10:31

Comesaña: "Queremos pasar dun modelo que atende a sobre demanda, a un modelo máis proactivo e con máis atención a pacientes dependentes e crónicos".

10:32

Sobre a contratación de máis persoal, Julio García Comesaña destacou que "non hai médicos especialistas formados e escasea tamén o persoal de enfermería".

10:32

Comseña: "En Galicia levamos anos tratando de abordar a necesidade de reformar a Atención Primaria e buscamos solucións para contar con máis recursos en materia de persoal".

10:33

Comesña di que a finais de febreiro publicarase a convocatoria de probas para cubrir de xeito estable máis de mil prazas de enfermería polo procedemento ordinario

10:35

Comesaña di que para abordar o problema da falta de persoal crearase unha nova categoría de facultativo especialista de Atención Primaria, que será posible baremar a través do concurso de méritos e permitirá que conten cunha praza fixa unha vez rematado o proceso

10:39

García Comesaña di que lle piden ao Ministerio de Sanidade da creación da especialidade de Urxencias

10:41

Remata a comparecencia do conselleiro de Sanidade

10:37

O conselleiro de Sanidade anuncia a incorporación de 150 médicos en formación o próximo mes e que van apoiar aos médicos de Atención Primaria

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade