Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta impulsa un sistema integrado de Formación Profesional

A Xunta impulsa un sistema integrado de Formación Profesional

Contará con plans territoriais e sectoriais e reforzo do profesorado

O obxectivo é ofrecer unha mellor atención á demanda produtiva de cada zona

G24.gal 12/07/2022 08:42 Última actualización 12/07/2022 21:00

A Xunta impulsará un sistema integrado de Formación Profesional con plans territoriais e sectoriais. Román Rodríguez dixo na cámara galega que o obxectivo é adecuar a formación ás necesidades empresariais de cada zona e que os procesos formativos estean incardinados coas dinámicas dos sectores produtivos. Apuntou que isto xerará dinámicas económicas positivas e axudará a fixar poboación.

Tamén no Parlamento, os grupo procederon a renovar varios postos no Consello de Contas e no da CRTVG. Neste último, o BNG non votou favorablemente, a pesar de que dera a súa probación hai días, en comisión. Argumentaron hoxe que non se está a cumprir a Lei da CRTVG de 2010. Para os populares, trátase dunha manobra desleal e imcomprensible.

Mediciña interna

O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade fortalecer os servizos de Medicina Interna da nosa comunidade. A moción defendida polo grupo socialista insta a Xunta que convoque de forma urxente prazas estables de Medicina Interna para cubrir as necesidades de persoal. Tamén pide comprometer o máximo de prazas desta especialidade nas próximas tres ofertas públicas de emprego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade