Piden que se regule a publicidade das bebidas enerxéticas
O persoal médico especializado en nutrición apoia que se prohiba a venda de bebidas enerxéticas a menores
O persoal médico especializado en nutrición apoia que se prohiba a venda de bebidas enerxéticas a menores de idade. Ademais, piden unha regulación da publicidade destes produtos e medidas de concienciación sobre os prexuízos para a saúde.
Teñen un valor nutricional case nulo, pero unha soa lata supera a cantidade diaria recomendada de cafeína e de azucre.
"Asistimos a un aumento do consumo destas bebidas por falta de coñecementos da poboación, das familias, do que están tomando os seus nenos cando toman este tipo de bebidas. (...) Non se nos ocorre a ningún pai darlle un café, parece que iso o temos asimilado, e con todo toman estas bebidas", asegura Rosaura Leis, profesora de Pediatría na USC.
A prohibición en Galicia da venda de bebidas estimulantes a menores estará acompañada doutras medidas de concienciación sobre os efectos nocivos do seu consumo.
"Hai certa confusión entre bebidas isotónicas, bebidas azucradas (.... Por iso creo que é tan importante que estean ben situadas nos supermercados, que a xente saiba o que está collendo, que non se confunda e que amais os menores non teñan acceso libre a elas".
Segundo Leis, o hábito de mesturar estas bebidas con alcohol crea unha adicción moi perigosa.
O Consello da Xunta aprobará o proxecto de lei de prevención de adiccións nas vindeiras semanas e a norma iniciará o trámite parlamentario.