Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden rebaixar a pena de 23 a 20 anos polo asasinato machista do barrio lugués das Gándaras

Piden rebaixar a pena de 23 a 20 anos polo asasinato machista do barrio lugués das Gándaras

A defensa alega os problemas e alcoholismo do condenado e o seu arrepentimento

As acusacións rexeitan rebaixar a pena e insisten en que estaba en plenas facultades cando matou a parella

G24.gal 12/12/2022 14:34

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acolleu este luns a vista de apelación da sentenza que condenou un home a 23 anos de prisión por asasinar a súa parella cun coitelo no barrio lugués das Gándaras.

Os feitos tiveron lugar en febreiro de 2020. O tribunal do xurado considerou probado que, tras unha disputa no domicilio, o home foi ao cuarto de baño onde estaba a vítima e, aproveitando que non tiña medios para defenderse, atacouna cun coitelo e asestoulle catro coiteladas no pescozo, unha delas mortal.

A xuíza ditou sentenza cunha pena de 23 anos de prisión por asasinato con aleivosía e agravante de parentesco. Agora, a defensa alega problemas de alcoholismo e arrepentimento para solicitar que se rebaixe a condena a 20 anos e un día, a mínima prevista dentro do suposto polo que foi sentenciado.

Tanto a fiscalía como as acusacións particulares e populares rexeitan esa rebaixa, entenden que os problemas de alcoholismo non interferiron no crime posto que tivo lucidez suficiente como para limpar a escena do crime e tentar ocultar o coitelo, e apuntan ademais a que a confesión chegou despois de que houbera probas máis que suficientes do delito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade