Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden que se prohiba a reduflación: vender produtos de menor tamaño por igual ou maior prezo

Piden que se prohiba a reduflación: vender produtos de menor tamaño por igual ou maior prezo

A Federación de Consumidores pídelle ao Goberno unha medida igual á que se vén de aprobar en Francia

CECU denuncia que as empresas usan esta práctica para camuflar unha suba directa dos alimentos, xa que é máis difícil de detectar

G24.gal 15/05/2024 14:08

Menos cantidade polo mesmo ou maior prezo, nótase en moitos produtos, sobre todo os envasados. Pasta, embutidos, galletas, produtos de limpeza ou hixiene persoal, etc. En boa parte deles os fabricantes reducen o volume, o peso ou a cantidade de produto mantendo o mesmo tipo de envase, co mesmo prezo ou incluso algo maior.

É o que se coñece como reduflación, unha práctica que a Federación de Consumidores e Usuarios de España pide que se prohiba. Denuncia que as empresas usan esta estratexia para camuflar a suba directa dos prezos, xa que é máis complicado de detectar. 

CECU demándalle ao Goberno unha lei como a que xa se aplica en Francia desde abril e que obriga as empresas a informar os consumidores de calquera cambio no peso ou ingredientes dos seus produtos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos