Persecución policial de película en Vigo
Detido por conducir sen carné e baixo os efectos das drogas
Bateu contra 4 coches que estaban estacionados
Todo comezou na rúa Aragón, onde os axentes deron o alto a un condutor que circulaba de xeito errático, con manobras bruscas. Lonxe de deterse fuxiu durante seis quilómetros ata San Paio, na parroquia de Lavadores.
Foi unha persecución de película e a gran velocidade que rematou na rúa Aguadiña, onde o condutor bateu contra catro vehículos que estaban estacionados.
Afortunadamente só houbo que lamentar danos materiais, porén as consecuencias puideron ser moito máis graves xa que, segundo os veciños, é unha rúa estreita habitualmente empregada por peóns.
O home quedou detido por un presunto delito de condución temeraria e deu positivo en alcol e drogas. Circulaba co carné suspendido temporalmente. Na fuxida un vehículo policial tamén quedou danado.