Publicador de contidos
Publicador de contidos

Peque: "Non penso moito na despedida porque estaría chorando 24/7"

Peque: "Non penso moito na despedida porque estaría chorando 24/7"

Nos seus dez anos en Burela chegou a ser elixida a segunda mellor xogadora do mundo

G24.gal 23/06/2023 11:53 Última actualización 23/06/2023 12:00

Peque chegou a Burela na tempada 2011-12, permanecendo no club 5 anos. Na tempada 2018-19 regresou desde Italia e formou parte, como unha da xogadoras clave, do mellor momento histórico deportivo do Pescados Rubén Burela F. S.

Durante este tempo Peque conseguiu 4 Ligas nacionais, 6 Copas da Raíña, 5 Supercopas de España, gañar a 4Nations Futsal en Italia, a Futsal Women's European Champions en Lugo e 5 Copas Galicia.

Nos seus dez anos en Burela converteuse nunha das xogadoras máis queridas pola afección e chegou a ser elixida segunda mellor do mundo.

Durante o partido desta fin de semana en Vista Alegre, realizarase un acto homenaxe a Peque, un acto especial para dicirlle “ata sempre”. 

"Non o penso moito porque estaría chorando 24/7. Vou gozar e cando o árbitro pite o final espero quedar co trofeo".

Ademais, durante este período tamén gozou de grandes éxitos coa Selección Española, logrando 3 Eurocopas. durante o partido desta fin de semana en Vista Alegre, realizarase un acto homenaxe a Peque, un acto especial para dicirlle “ata sempre” á nosa capitá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar