Pepa e Lucía, as dúas rapazas con síndrome de Down que lle deron voz a Valentina
Valentina, Goya á mellor película de animación
Un conto musical sobre a diversidade e a inclusión
"Felicitoume todo o colexio e o domingo chamaron as miñas amigas e as amigas da miña avoa e da miña nai", conta Pepa Lockhart, actriz de dobraxe
Estes días todo son parabéns para Pepa e Lucía polo seu traballo de dobraxe nas versións galega e castelá de Valentina, a mellor película de animación nesta gala dos Goya.
"Felicitar a Pepa e a Lucía por darlle voz a Valentina, pero sobre todo por darlles voz ás persoas con discapacidade. Esta película, Valentina, é unha oda á plena inclusión é unha oda á sensibilización e á concienciación dos máis pequenos", apunta Fabiola García, conselleira de Política Social
"Quero ser trapecista", exclama Pepa imitando a Valentina
Valentina narra a historia dunha nena con síndrome de Down que soña con ser trapecista. Agora grazas a Valentina, Pepa tamén ten un soño, poder volver a traballar de actriz de dobraxe
"Si, porque a min gústame dobrar películas, encántame, adóroo", confesa Pepa