Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pep Caballé: "Saímos moi reforzados desta vitoria"

Pep Caballé: "Saímos moi reforzados desta vitoria"

O extremo analizou o gran triunfo en Santo Domingo

G24.gal 12/03/2023 15:23

Non perdera ningún partido o Alcorcón no seu feudo e chegaba como líder en solitario a esta xornada en que recibían a visita dun Rácing de Ferrol que se soubo repoñer ás lesións antes e durante o partido. O equipo verde amosou que quere ser protagonista, tamén, do ascenso directo. Pep Caballé tivo que atrasar a súa posición e rematou xogando no lateral para cubrir ao mancado Enol Coto.

"Xa tiñamos lesións, Enol estaba tocado. Tivo problemas para seguir. Sentinme ben. Estou feliz. De non xogar moito a saír no campo do líder e gañar, pois é moi feliz. Competimos a un nivel moi alto, estivemos erráticos pero tivemos moito mérito. Era o campo do líder. Formulamos moi ben o partido. Soubemos parar os seus xogadores. Soubemos sufrir e saímos moi reforzados desta vitoria".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade