Publicador de contidos

Publicador de contidos

Penélope Cruz recibe o Premio Nacional de Cinematografía e destina a contía a fins sociais

Penélope Cruz recibe o Premio Nacional de Cinematografía e destina a contía a fins sociais

Iceta entrega o galardón á actriz, que di que a súa viaxe no cinema está a ser "moito máis emocionante do que nunca puidera soñar"

Anuncia que destinará os 30.000 euros do galardón a causas sociais

 

G24.gal 17/09/2022 16:57

Unha emocionada Penélope Cruz acaba de recibir en San Sebastián o Premio Nacional de Cinematografía 2022.

Nos seus agradecementos a actriz, tivo palabras para Bigas Luna, Fernando Trueba e especialmente para Pedro Almodóvar, palabras tamén emocionadas para o seu home, Javier Bardem, e os seus dous fillos.

A dotación económica do premio, 30 mil euros, irá destinada, dixo a actriz, á plataforma de afectados pola hipoteca e Cris contra o Cancro e ao fondo asistencial creado por Pilar Bardem para os seus compañeiros de profesión en dificultades.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar