Publicador de contidos

Publicador de contidos

Uns vinte mozos participan nunha multitudinaria liorta no barrio coruñés dos Mallos

Uns vinte mozos participan nunha multitudinaria liorta no barrio coruñés dos Mallos

Os implicados na liorta converteron unha rúa peonil nun auténtico campo de batalla, onde non houbo feridos nin detencións

G24.gal 11/02/2026 13:48

Aínda non deran as oito da tarde deste martes. Dentro dun local hostaleiro había catro mozos ceando. Fóra, nun banco, agardábanos máis dunha ducia de persoas.

"Aquí no bar había catro mozos ceando e viñeron dous avisalos de que fóra os estaban agardando". "Nese banco había uns quince mozos, e cando saíron os outros comezaron a pelexar". 

Durante uns minutos unha rúa peonil do barrio dos Mallos converteuse nun auténtico campo de batalla.

"Din que con coitelos, botellas, bates. Corrían uns, corrían outros. Os mozos ían todos de negro encapuchados".

Foron os veciños e comerciantes os que chamaron a policía. Pero os implicados, ao decatarse da chegada dos axentes, dispersáronse, poñendo así fin á lea.

 "Chamamos a policía que veu rapidísimo. Pero, cando chegaron, os mozos xa marcharan correndo por varias rúas".

A Policía Nacional, ao chegar á rúa Ángel Senra, identificou varias persoas. Porén, non houbo detencións nin feridos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade