Publicador de contidos

Publicador de contidos

Peinador retoma a normalidade despois de que unha fochanca obrigase a desviar 17 voos

Peinador retoma a normalidade despois de que unha fochanca obrigase a desviar 17 voos

O aeroporto de Vigo permaneceu case un día pechado

É a terceira vez que Aena pecha Peinador por desperfectos no asfalto

Operarios arranxan o asfalto no aeroporto de Vigo
G24.gal 21/03/2023 21:00

Uns minutos despois das catro da tarde deste martes retomábase a actividade no aeroporto vigués de Peinador.

Dous avións privados engalaban na pista central e outro voo regular aterraba procedente de Madrid.

Os paneis xa indicaban a operatividade do aeroporto logo de 20 horas pechado. Algúns pasaxeiros afectados foron recolocados nos voos de primeira hora da tarde.

Pasaban das sete da tarde cando Aena anunciaba o luns o peche da pista por causa da aparición dunha fochanca na cabeceira norte.

Os traballos de reparación prolongáronse case un día, o cal obrigou a cancelar varios voos e a desviar outros. En total víronse afectados 17 voos, cinco cancelados máis doce, sumando chegadas e saídas, que foron desviados ao Rosalía de Castro.

É a terceira vez que Aena pecha Peinador por desperfectos no asfalto. As dúas anteriores ocorreron no Nadal de 2021, por mor dun burato de sete metros de longo no mesmo lugar que esta vez, e a outra en xullo do ano pasado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade