Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedro Dro, un diamante en bruto do Barcelona que brotou no Val Miñor

Pedro Dro, un diamante en bruto do Barcelona que brotou no Val Miñor

Con 17 anos debutou co Barça ante a Real Sociedade

G24.gal 29/09/2025 17:32 Última actualización 29/09/2025 19:03

Pedro 'Dro' Fernández naceu o 12 de xaneiro de 2008 en Nigrán e ten, polo tanto, 17 anos. Nado en Galicia, pero de nai filipina, criouse no fútbol base do Valmiñor, equipo do que saíron outros recoñecibles talentos como Raphinha, Thiago Alcantara, Rodrigo Moreno ou Santi Comesaña. Estivemos con André Fernández, adestrador de Dro no Val Miñor.

"Aos que o coñecemos, cáenos a baba. Sempre cremos que podía chegar moi alto"

No verán de 2022 chegou ao FC Barcelona e foise formando na Masía, converténdose nun habitual nas categorías inferiores da selección española. Na tempada 2024-2025 competiu co xuvenil A de o FC Barcelona, converténdose en campión da UEFA Youth League.

A pesar de non debutar aínda co filial culé, namorou durante a pretemporada a Hansi Flick e foi un dos convocados para a xira do equipo. Todo parece indicar que, aínda, non formará parte do primeiro equipo na tempada 2025-26, pero o seu talento xa chamou a atención de todo o que o viu e, o máis importante, Hansi Flick xa sabe que poderá recorrer a el se o necesita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade