Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedro Blanco avanza que a A-6 en Baralla "vai quedar aberta nunhas horas"

Pedro Blanco avanza que a A-6 en Baralla "vai quedar aberta nunhas horas"

A vía atópase cortada en sentido A Coruña desde o quilómetro 455 e a circulación desviouse pola Nacional 6

O Goberno iniciará traballos de reparación polos danos de forma "inmediata" cando o tempo o permita

TVG
G24.gal 12/02/2026 12:37 Última actualización 12/02/2026 13:01

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, avanzou este xoves que a A-6, cortada á altura de Baralla en sentido cara á Coruña por un desprendemento nun túnel, "vai quedar aberta nunhas horas".

Nun acto na Coruña, Blanco respondeu sobre a situación das estradas galegas tras unha reunión co responsable da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río.

Sobre o corte da autovía A-6 en Baralla dixo que se debe a un pequeno desprendemento, no que traballan agora mesmo os operarios.

"Vai quedar aberta nunhas horas", dixo, respecto a o que queda de xornada de xoves ou á posible apertura o venres.

O incidente, do que informou o mércores a DXT, produciuse no quilómetro 469 da autovía que une A Coruña e Madrid por un desprendemento da impermeabilización do túnel.

A vía atópase cortada en sentido A Coruña desde o quilómetro 455 e a circulación desviouse pola Nacional 6.

O Goberno iniciará traballos de reparación polos danos de forma "inmediata" cando o tempo o permita

A preguntas dos xornalistas sobre esta reunión, insistiu en que foi para "ver a situación e empezar a traballar xa na recuperación". Polos meses de choiva, precisou que foi "absolutamente imposible facer reparacións". Das precipitacións, indicou que "agravan unha situación que viña de vello, de mantemento" e engadiu que agora se trata de "abarcar todas as necesidades, que son moitas".

Tal e como trasladou a Delegación, no encontro analizaron as incidencias rexistradas e revisáronse as zonas máis afectadas polas choivas, o vento e os desprendementos, para tratar de planificar e priorizar os proxectos de conservación e as actuacións para garantir a seguridade das infraestruturas.

Blanco avanzou que os traballos de reparación e reposición se iniciarán de forma inmediata cando as condicións meteorolóxicas o permitan. Tamén agradeceu o traballo dos efectivos que traballan sobre o terreo para manter a rede nas mellores condicións posibles e minimizar riscos e fixo un chamamento á cidadanía para extremar a precaución e evitar desprazamentos innecesarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade