Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cae un eucalipto e destrúe un galiñeiro ante a desesperación dos propietarios, que levan 3 anos reclamando que limpen o monte

Cae un eucalipto e destrúe un galiñeiro ante a desesperación dos propietarios, que levan 3 anos reclamando que limpen o monte

Ante a falta de resposta dos propietarios, o Concello de Pontevedra xa iniciou o procedemento para asumir a corta das árbores

G24.gal 12/02/2026 13:39

Os fortes refachos de vento provocaron a caída dun eucalipto enriba dun galiñeiro no lugar da Ermida, na parroquia pontevedresa de Marcón. Por sorte non caeu enriba da casa, os propietarios non estaban nese intre e as galiñas non sufriron danos.

Pero Pepe, Carme e os veciños de arredor viven co corazón encollido co temor a que calquera día se produza unha desgraza. O propietario dos terreos onde medran os eucaliptos non limpa o monte. Levan anos denunciando o incumprimento do perímetro de seguridade co conseguinte risco de incendio no verán e de caída de árbores no inverno.

Ante a desesperación pola inoperancia das institucións, Pepe di estar disposto a asumir os custos da corta, pero non pode facelo sen autorización administrativa.

Desde o Concello de Pontevedra aseguran que xa requiriron aos propietarios do monte para que o limpasen. Ante a falta de resposta, iniciaron procedemento para que o Concello poida asumir a corta das árbores. Cumpridos os prazos legais, a parcela está na lista de cortas que debe asumir o Concello, pero aseguran que é extensa e non poden precisar unha data para executala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos