Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT desenvolve en Galicia unha campaña especial de control de camións e autobuses

A DXT desenvolve en Galicia unha campaña especial de control de camións e autobuses

É un control minucioso e intenso, que inclúe velocidade, alcol, drogas, papeis e control técnico do vehículo

G24.gal 12/02/2026 13:32

Á primeira hora da mañá, todo o tráfico que circulaba na AP-9 en sentido Vigo era desviado cara á área de servizo. Unha zona que permitía a seguridade necesaria para este control tan exhaustivo. Os axentes revisaron antes de nada os tacógrafos, preguntaron polas rutas, polas cargas...

"A min paréceme ben que se fagan este tipo de controis sobre todo polos excesos de condución, ou non facer os descansos perceptivos. É bo para os dereitos de todos. Eu levo un caderno onde anoto todo, as paradas, os descansos", dixo José Nimo, condutor dunha empresa de paquetería.

A folga de buses fixo que maioría dos que pararon foran camións e furgonetas. Fixéronlles control de alcol e drogas, revisaron que as cargas e as estibas fosen correctas.

"Miranse tamén as condicións técnicas do vehículo, tempos de condución e descanso dos condutores, se hai presenza de alcol ou drogas...; polas infraccións relativas ao vehículo -seguro ou ITV- sanciónase o titular do vehículo e polas outras, o condutor, por exemplo un positivo en alcol ou drogas", engadiu Daniel Torrado, o xefe do Destacamento de Tráfico de Santiago.

Sancións por rodas en mal estado ou vehículos de traballo sen ITV, excesos de carga. Son cuestións que poñen en perigo a seguridade dos propios condutores e dos resto de vehículos na vía. Na anterior campaña revisáronse máis de 4.000 vehículos de transporte de mercadorías e pasaxeiros, e houbo máis de 700 sancións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade