Giacomo Quagliata: "Temos 20 finais por diante porque estamos máis preto"
O italiano lembrou que "se perdemos, non morre ninguén", ao non ser algo "definitivo"
O Deportivo afronta esta semana un duelo vital na loita polo ascenso directo. Os brancos e azuis visitarán Castalia este domingo para enfrontarse ao Castelló, segundo clasificado.
Giacomo Quagliata recoñeceu a importancia do partido e que o equipo vai coa mentalidade de conseguir a vitoria, pero lembrou que "se perdemos non morre ninguén" ao non ser algo "definitivo".
Máis aló do encontro desta fin de semana, o italiano falou da importancia de ter un grupo unido e da mentalidade que se está forxando no vestiario.
"Temos 20 finais, ou non se cantas quedan, por diante porque estamos máis preto. Se ganas o domingo e perdes outro, é como se non fixeses nada, tes que gañar todas as semanas".
O italiano cre que teñen máis confianza tras dúas vitorias seguidas
"Estamos a traballar ben esta semana, como as outras. Vimos de dúas vitorias seguidas e iso dános un pouquiño máis de confianza. Coa nosa mentalidade podemos estar ben o domingo".