Publicador de contidos

Publicador de contidos

As protestas contra a reforma laboral de Milei rematan en batalla campal en Bos Aires

As protestas contra a reforma laboral de Milei rematan en batalla campal en Bos Aires

A policía empregou pelotas de goma a gas pimenta para dispersar os manifestantes tras un enfrontamento que conclúe con varias persoas detidas e feridas

O Senado aprobou con 42 votos a favor e 30 en contra unha reforma que modifica as condidicións de traballo dun país cun alto nivel de sindicalización e loita obreira

 

Matias Baglietto/ZUMA Press Wire/DPA Matias Baglietto/ZUMA Press Wire/DPA
G24.gal 12/02/2026 08:35

As protestas contra a reforma laboral de Javier Milei, que se aprobou este mércores no Senado, terminaron nunha batalla campal en Bos Aires. A policía respondeu con disparos de proxectís de goma, chorros de auga e gas pimenta aos ataques dos manifstantes que guindaron pedras contra as forzas de seguridade. A xornada concluíu con varios policías feridos e un número indeterminado de detidos.

Segundo a ministra de Seguridade Nacional, Alejandra Monteoliva, polo menos tres axentes da Xendarmería e un policía foron feridos e dúas persoas detidas, pero medios arxentinos falan xa de ata 14 lesionados

Monteoliva afirma que os manifestantes pertencían a grupos de esquerda que actuaron de maneira organizada, con violencia premeditada e armamento caseiro para agredir e xerar caos. "Van pagar", ameazou a ministra na rede social X.

Tensión dentro e fóra do Senado

Todo comezou ao redor do mediodía, coincidindo cunha maratoniana sesión do Senado para debater a polémica Lei de Modernización Laboral. Unha reforma laboral que, de aprobarse, cambiará radicalmente as condicións do traballo na Arxentina, un dos países máis sindicalizados de América e do mundo, cunha longa historia de loita obreira.

Os manifestantes, convocados polos sindicatos, entre eles a maior central obreira da Arxentina, a Confederación Xeral do Traballo (CXT), comezaron a chegar á Praza do Congreso ao redor das 15:00 hora local (18:00 GMT).

Pouco despois un grupo dunhas 30 persoas, algunhas encapuchadas e cualificadas por algúns sindicalistas como saboteadores, cortaron os arames dos valos que protexían o edificio do Congreso e fixeron caer parte da estrutura.

Matias Baglietto/ZUMA Press Wire/DPA Matias Baglietto/ZUMA Press Wire/DPA

A policía tentou dispersalos guindándolles gas pimenta, chorros de auga a presión e proxectís de goma. Os manifestantes responderon con pedras, que arrincaron das beirarrúas, e cun improvisado cóctel molotov lanzado contra un camión policial, convertendo as inmediacións da Cámara nunha batalla campal.

Antes do anoitecer, a praza do Congreso quedou baleira despois de que as forzas de seguridade levasen a rastro ou polo aire un número indeterminado de manifestantes.

Luz verde a unha reforma laboral que limita o dereito de folga e reduce as indemnizacións por despedimento

O Senado arxentino aprobou na madrugada deste xoves o proxecto de reforma laboral proposto polo presidente Javier Milei, que modifica radicalmente as condicións do traballo neste país, caracterizado por un alto nivel de sindicalización e unha longa historia de loita obreira.

Fíxoo con 42 votos a favor, 30 en contra e cero abstencións.

A reforma modifica a base do cálculo das indemnizacións por despedimento e redúceas sensiblemente ao excluír do cómputo o aguinaldo, as vacacións e outros conceptos.

Os traballadores só poderán gozar de vacacións en verán cada tres anos e recórtase o soldo dos empregados no caso de accidente ou enfermidade.

Redúcese o dereito de folga, ampliando a listaxe de sectores considerados esenciais, tamén as actividades da representación sindical, e déixanse sen vixencia alqueles convenios que non se renovan ao expirar o prazo fixado.

MIlei cualificou de histórico o resultado da votación que avala esta reforma. Confía en que supere todos os escollos lexislativos antes do 1 de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade