Publicador de contidos

Publicador de contidos

Peche cautelar do marisqueo na ría de Muros-Noia por altos niveis de toxina

Peche cautelar do marisqueo na ría de Muros-Noia por altos niveis de toxina

A toxina detectouse na primeira xornada da campaña

O paro afecta 140 embarcacións e un cento de mariscadoras

G24.gal 03/05/2023 13:50 Última actualización 03/05/2023 14:13

As embarcacións de marisqueo en superficie permanecían amarradas esta mañá no peirao do porto de Muros no que debía ser a segunda xornada da campaña, tras detectar niveis altos de toxina.

O paro afecta 140 embarcacións e un centenar de mariscadoras, 30 de Muros e 70 de Noia. Precisamente foi nas mostras de berberecho tomadas na praia de Esteiro en que se detectou a toxina.

Malia que o peche cautelar é para todas as especies, a confraría de Muros enviou hoxe novas mostras de berberecho e navalla. Agardan que polo menos esta última non estea afectada.  

Cuns prezos que este martes acadaban os 25 euros no caso da ameixa babosa e 12 para o ameixón, a nova do paro cautelar non tivo boa acollida no sector, que levaba sen traballar desde xaneiro.

Agardan que a medida sexa tan só cautelar e poder volver a mariscar no prazo dunha semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade