Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pechan a piscina de Quiroga polo cuarto caso do "reto marrón"

Pechan a piscina de Quiroga polo cuarto caso do "reto marrón"

Trátase do segundo caso rexistrado na provincia de Lugo tras o sucedido no municipio de Monterroso

Piscina municipal/Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 12/08/2025 18:18 Última actualización 12/08/2025 18:28

O Concello de Quiroga viuse obrigado a pechar as piscinas municipais a causa dun novo episodio do coñecido como "reto marrón", un xogo viral difundido polas redes sociais que consiste en defecar nunha instalación acuática de uso público, o que obriga ao seu desaloxo, peche e desinfección.

Trátase, en principio, do segundo caso rexistrado na provincia de Lugo tras o sucedido no municipio de Monterroso, onde tamén tiveron que pechar a piscina ao público pola presenza de feces.

A área de Deportes do Concello quirogués advertiu da "presenza de excrementos" nos vasos das piscinas municipais, polo que "todo apunta" a que se trata de "un novo episodio do chamado 'reto marrón'", indicaron.

Seguindo o "protocolo establecido" e a "normativa sanitaria", o Concello clausurou a instalación para levar a cabo "unha desinfección integral" e "previr calquera risco para a saúde pública".

O procedemento inclúe "varios ciclos de hipercloración da auga" e posteriores "análises bacteriolóxicas" que certifiquen a "total ausencia de bacterias".

Desde o Concello quirogués cualificaron de "canallada" o sucedido na piscina, algo que provocou o peche destas instalacións "previsiblemente ata a xornada do mércores". Con todo, desde o propio organismo municipal informarán de "cando se poden abrir novamente ao público".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade