Pecha o café Paradiso de Santiago despois de 50 anos servindo chocolate quente
Agustín Ares, a só dez días de xubilarse, quixo empezar o ano traballando
A tradición manda comezar o aninovo cun chocolate con churros. E para iso nada mellor que poñerse na man dun mestre chocolateiro que acumule moitos trienios de experiencia. Un dos mellores, o compostelán Agustín Ares. A só dez días de xubilarse e de pechar o café Paradiso de Santiago quixo empezar o ano traballando para servir centos de chocolates.
"Cada ano facemos 1.500 quilos de chocolate, e de churros dúas toneladas e media"
A casa foi fundado en 1976 pero Agustín rexéntaa desde 1991, desde hai 34 anos. Hoxe é unha xornada moi especial porque a esta última chocolatada asisten os clientes habituais pero tamén moitos turistas e peregrinos que descobren con asombro a beleza da decoración e a calidez do local que pecha definitivamente as súas portas o vindeiro 11 de xaneiro.
"Fundouno un home que volveu de Cuba e contratou a Ventura Cores que era un decorador moi bo que había en Santiago, e fixeron esta marabilla", relatou Agustín Ares, propietario do Café Paradiso.
E xusto por iso, por lealdade á memoria dos clientes, da cidade, do seu propio traballo, o que lle gustaría é un traspaso que mantivese as esencias do local. De momento, pecha o 11 pero Agustín non perde a esperanza de que o legado se manteña.