Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pasado e presente do Breogán analizan unha nova aventura europea

Pasado e presente do Breogán analizan unha nova aventura europea

A Televisión de Galicia xuntou a Tito Díaz, capitán do equipo de 1985, e a Erik Quintela, o capitán actual do Breogán

G24.gal 17/10/2023 21:06

En decembro de 1985, o Breogán estreábase en Europa cun capitán e un base lucense. Tito Díaz. Trinta e oito anos despois, o equipo volve a un torneo continental con outro capitán e director de xogo local, Erik Quintela. Os dous xuntáronse no Pazo para falar do pasado, do presente e do futuro breoganista na competición.

Tito Díaz. Director Xeral do Río Breogán:

"Non gañamos partido, pero a verdade é que foi unha experiencia moi boa. Eran equipos moi fortes, Estrela Roxa, que xogara a final da Copa Korac o ano anterior, DiVarese, que era o mítico Ignis de Varese, e Villeurbanne eran equipos moi fortes, era a segunda competición europea, pero a experiencia foi moi boa".

Erik Quintela, Río Breogán:

"Está claro que son tres rivais difíciles, pero para facer algo fácil quedabamos na casa; mellor xogar contra equipos duros e igualalos nesa dureza".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos