Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prisión provisional para o home acusado de acoitelar unha muller en Oleiros

Prisión provisional para o home acusado de acoitelar unha muller en Oleiros

O agresor abordou a muller cando ía traballar, acoitelouna polas costas e rouboulle o móbil

Despois usou os datos bancarios que había no teléfono da vítima para facer varias compras

G24.gal 06/05/2022 14:29 Última actualización 06/05/2022 19:45

Ingresa en prisión o home acusado de acoitelar unha muller polas costas hai dúas semanas en Perillo para atracala. 

 O home está investigado por roubo con intimidación e violencia, lesións, roubo con forza nunha vivenda habitada e delito de estafa.

O agresor é un home de 34 anos. Segundo fontes da investigación, abordou a vítima cando ía traballar, acoitelouna polas costas e rouboulle o móbil.

Posteriormente, o agresor usou os datos bancarios que había no teléfono da vítima para facer varias compras. Dende aquela, a Garda Civil seguíalle a pista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade