Publicador de contidos

Publicador de contidos

Participación masiva na xornada de vacinación de Ourense

Participación masiva na xornada de vacinación de Ourense

Máis de 1.700 persoas estaban citadas para a terceira dose de Pfizer

Dirixida a persoas de 70 a 79 anos

G24.gal 20/11/2021 19:34

Día axitado no novo Edificio de Hospitalización de Ourense. Á actividade habitual dun sábado, sumouse a campaña de vacinación que convocou 1.000 persoas nunha soa xornada. Habilitáronse tres salas para administrar a terceira dose de Pfizer. 

Os citados xa veñen con experiencia. "Esta é a de reforzo. Se non hai que poñer unha cuarta, porque eu penso que isto vai ser como a gripe", comenta unha muller mentres lle administran o suero. Non ocultan a súa preocupación pola repunta dos contaxios nos últimos días:  "A xente recelosa coa vacina estanos prexudicando a nós que, aínda que teñamos a terceira dose, podemos contaxiarnos igual".

Nesta campaña, dirixida a idades comprendidas entre os 70 e os 79 anos, hai pouco absentismo. 

 Diego Carrizo Álvarez, enfermeiro: "É un sector proactivo cara a vacinación. Xa están afeitos a vacinárense. Ademais, é un sector bastante afectado pola covid".

Mañá, en Expourense

Simultanemante, vacináronse outras 700 persoas entre os hospitais de Verín e O Barco de Valdeorras. A partir do domingo e coma en anteriores ocasións, trasládase a actividade ao recinto feiral de Expourense.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos