Publicador de contidos

Publicador de contidos

Para Guaita, defender os centros laterais "non é tan doado" como parece

Para Guaita, defender os centros laterais "non é tan doado" como parece

O sábado, televisado pola Galega, o Celta visita As Palmas

G24.gal 03/10/2024 16:50 Última actualización 03/10/2024 16:58

Esta mañá falamos con Vicente Guaita, o titular dos últimos encontros. Guaita deu a versión sobre os goles encaixados. Entende que obedecen á maneira de xogar imposta por Claudio. E que defender os centros laterais non é tan doado como parece.

As súas son as mans que protexen o Celta. Ten tres fillos pequenos e os tres porteiros.

O Celta é un dos equipos máis goleadores da Liga pero tamén dos máis goleados: 15 recibidos en 8 xornadas.

"Con tanta distancia entre liñas, pode pasar isto".

Os centros laterais son ata o momento unha coitelada.

"É difícil estar os 90 minutos enriba do rival".

O sábado, televisado pola Galega, o Celta visita As Palmas, rival que aínda non gañou un partido. Xa vai mes e medio de competición

"Hai que seguir sumando para non estar abaixo".

Con 37 anos, foi elixido polo vestiario para este curso un dos capitáns do Celta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade