Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pantallas, cabezudos e charangas levan a troula polas rúas de Xinzo

Pantallas, cabezudos e charangas levan a troula polas rúas de Xinzo

O Entroido prolóngase ata o Domingo de Piñata, dentro de sete días

As pantallas de Xinzo na Praza maior da vila no Domingo de Entroido
G24.gal 19/02/2023 15:50 Última actualización 19/02/2023 21:23

As figuras principais do Entroido de Xinzo animaban este domingo as rúas da vila. As pantallas convértense coma cada ano en repartidoras de troula.

Esta celebración, declarada de Interese Turístico Internacional, atrae moita xente doutras partes de Galicia. Xunto ás pantallas, os disfraces máis orixinais, as máscaras e os cabezudos levan a diversión por todo o centro.

A festa, que comezou o 28 de xaneiro, prolóngase máis aló do mércores de cinza e remata en sete días, co Domingo de Piñata. Pero o martes será o día máis significativo co gran desfile de Entroido e o concurso de disfraces con 4.000 euros en premios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade