Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pamplona condena o crime machista da fin de semana con unidade institucional

Pamplona condena o crime machista da fin de semana con unidade institucional

Na concentración deste domingo reflectiuse a solidariedade da clase política ante a violencia contra as mulleres

Na comunidade chinesa din que "nunca pasara nada igual"

G24.gal 02/07/2023 20:10 Última actualización 02/07/2023 20:31

Unanimidade na condena ao crime machista que se producía esta fin de semana no seo da comunidade chinesa en Pamplona. A cidadanía saíu á rúa e na praza do Concello había representantes do Goberno navarro, da corporación municipal, dos grupos do Parlamento autonómico e da Delegación do Goberno.

"Todas estas mensaxes de unidade institucional son importantes e achegan fortaleza e entendo que é tamén unha mensaxe de estamos coas mulleres", declaraba María Chivite, presidenta en funcións de Navarra.

A muller asasinada, de 47 anos, que levaba case dúas décadas vivindo en Pamplona, e os seus catro fillos estiveron na memoria de todos.

"Persoarémonos como concello de Pamplona como acusación particular nun lamentable crime", anunciaba a alcaldesa de Pamplona, Cristina Ibarrola.

Na comunidade chinesa de Navarra hai moita consternación e din que non existen precedentes de casos coma este.

"Eu vivo aquí desde hai moitos anos, desde o ano 96 en Pamplona, e nunca xamais na comunidade chinesa pasaron esas cousas como o do outro día. Sentinme como moi triste, case non o creo ata o de agora", sinalaba ante os medios Aimei Huang, que é presidenta da Asociación de Chineses en Navarra.

Este luns pasará a disposición xudicial o autor do crime, de 51 anos, que era parella sentimental e tamén socio da vítima na xestión dun bar desde hai un mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar