Publicador de contidos
Publicador de contidos

A paixón polo mate faise internacional

A paixón polo mate faise internacional

A bebida máis popular na Arxentina e no Uruguai atopa adeptos por todo o mundo
 

Cada vez é máis habitual ver xente por Galicia bebendo mate na rúa
G24.gal 11/06/2024 15:15 Última actualización 11/06/2024 16:21

O mate estase facendo internacional. É a bebida máis popular e tradicional na Arxentina e no Uruguai, a que forma parte inseparable da súa cultura, de feito cada persoa bebe ao ano case 100 litros. En España impórtanse case dous millóns de quilos ao ano. Agora xa resulta doado atopalo.

"En xeral son ou arxentinos ou uruguaios que levan esa tradición e son eles os que toman mate e a outra xente lle chama a atención e empezan a preguntar que é esa bebida e así se vai coñecendo un pouco máis o mate no mundo", comenta un arxentino.

 "Hoxe en día si pero anteriormente custaba moito, hoxe en día si xa case en todas as tendas hai", cóntanos un migrante paraguaio.

Este ultramarinos de Santiago, que data do 1888, empezou a vender mate hai máis de 30 anos pola demanda dos emigrantes retornados. Daquela había unha soa marca.

 "Se vedes por aí pois hai unhas 10 ou 12 marcas distintas, porque cada un cada está afeito a súa marca", conta José Luis Cepeda, propietario de ultramarinos Cepeda.

O escaparate desta tenda situada moi preto da catedral chama a atención a peregrinos e turistas pola variedade que ten.

"Estaba sacando unha foto porque non é común ver herba arxentina noutros países", apunta un turista arxentino.

Esta bebida que amarga nos primeiros grolos é antioxidante, rica tamén en vitamina B e o potasio axuda a reducir a graxa corporal, pero, sobre todo, é unha bebida estimulante e adictiva.

"Hai quen lle gusta o mate e se enganchan a el e despois non poden deixar de tomalo. É coma unha droga", explica o tendeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos