Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paciencia: "Teño máis ganas ca ninguén de triunfar no Celta"

Paciencia: "Teño máis ganas ca ninguén de triunfar no Celta"

Gonzalo Paciencia está dispoñible contra o Betis logo dun mes de baixa

Explicou a lesión da man froito da frustración: "Pensei que a parede era falsa"

Competirá con Larsen por un posto na dianteira 

Gonzalo Paciencia celebra o seu gol ao Español na primeira xornada de liga
G24.gal 28/09/2022 21:22 Última actualización 28/09/2022 21:49

Gonzalo Paciência podería regresar este domingo ó once do Celta.

O dianteiro portugués volve estar dispoñible para Coudet despois dun mes fóra do equipo por lesión.

Primeiro sufriu un problema muscular nos isquios, pero ademais fracturou a man dereita ó bater nunha parece coa frustración.

O último partido no que xogou foi fronte ó Real Madrid.

Agora deberá disputarlle o posto ó noruegués Larsen. Paciencia falou destas circunstancias este mércores tralo adestramento en Afouteza.

Manifestou que as súas ganas de triunfar no Celta son enormes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos