Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo López: "O presidente do Camerún decretou parar de traballar para ver a selección"

Pablo López: "O presidente do Camerún decretou parar de traballar para ver a selección"

Foi segundo con Seedorf no Deportivo e coa selección de Camerún

Unha 1ªRFEF en que o Racing non dixo a última palabra

G24.gal 03/02/2022 15:45

Por Zona mixta pasou Pablo López Vidal para falar da Copa de África, lembrando que estivo traballando coa selección do Camerún, e do seu Racing de Ferrol.

Dépor e Racing de Santander non son inalcanzables

"O Dépor por cadro de xogadores, presuposto e afección é o rival que hai que bater. Está tendo tamén esa fortuna dos grandes gañando nos últimos minutos varios partidos. Nós intentaremos estar o máis arriba posible a ver se eles ou o Racing de Santander teñen un traspé".

A polémica da suspensión de partidos por gromos

"Creo que hai pillería no tema da suspensión dos partidos da 1ªRFEF. Non só agora, viuse na Liga de fútbol profesional hai dous anos. Nesta categoría non se pode baixar a garda para nada, se te descoidas, pásanche por riba e vese en varios equipos".

O Camerún, un país entregado ao fútbol

"Aprendín moito coa selección de Camerún, pero non a boto de menos, non teño tempo porque dedico todo ao meu Rácing. Iso si, con Kluivert e con Seedorf foi unha experiencia marabillosa. Alí o fútbol é unha fórmula de escape á pobreza"

"Seedorf podería ser un grandísimo adestrador, pero entre o seu labor de comentarista, a súa loita como embaixador contra o racismo...".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos