Cargando resultados...
Moncho Fernández queda como o técnico máis lonxevo na ACB
Pablo Laso sufriu unha doenza cardíaca durante as semifinais da Liga Endesa e o Real Madrid decidiu apartalo
O adestrador do Obradoiro cumplirá 12 temporadas á fronte do equipo, superando a Laso e Pepu Hernández
G24.gal
04/07/2022 16:46
Última actualización 04/07/2022 17:06
Pablo Laso non continuará no Real Madrid tras 11 temporadas e 22 títulos.
Tiña un ano máis de contrato. O Real Madrid rescinde esa relación. Moncho Fernández queda como o técnico de ACB con máis temporadas consecutivas nun banco.
Pablo Laso sufriu unha doenza cardíaca durante as semifinais da liga Endesa e recibiu a alta o 7 de xuño. Segundo MARCA, o Madrid esgrime que o seu estado de saúde é un impedimento para continuar no seu posto.