Publicador de contidos
Publicador de contidos

Outubro seguirá a bater récords de temperaturas

Outubro seguirá a bater récords de temperaturas

En Lugo acadarán hoxe os 21 graos, e 27 en Pontevedra e Ourense

G24.gal 03/10/2023 13:42 Última actualización 03/10/2023 14:01

Os barómetros non deixan de sorprender coas temperaturas estivais que estamos a ter nestes primeiros días de outubro. E malia o paso dunha fronte que mesmo deixou chuvia no norte de Galicia, de momento imos ter que esperar para sacar a roupa de abrigo.

As nubes deste martes pola mañá na praia de Samil foron as últimas nuns días nas Rías Baixas. Volve a calor, e de novo moi por enriba do que acostuma en pleno mes de outubro. Algúns manteñen os costumes do verán: "Camiñar, sobre todo, aproveitamos para camiñar, e daremos un bañiño", asegura un camiñante. "Paréceme bárbaro, estou xubilado, non teño nada que facer, se sae o sol, saio", comenta outro home que pasea por Samil. 

Asumimos que as estacións xa non coinciden cos calendarios: "O tempo está cambiando, nin o inverno é inverno, nin o verán é verán, e cámbianse as estacións", comenta un home. "Vai vir todo, choiva, calor, frío..., todo", augura outro.

Dende que hai rexistros, nunca fixo tanta calor en outubro en Lugo, con máximas onte de 28 graos, e en Pontevedra e Ourense, onde hoxe se acadarán os 27. O verán permanecerá practicamente en toda Galicia a partir desta tarde. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade