Publicador de contidos

Publicador de contidos

Outros 3 buques con cereais saen de Ucraína

Outros 3 buques con cereais saen de Ucraína

Transportan 58.000 toneladas de gran

É a segunda saída que permite Rusia tras a sinatura do acordo hai dúas semanas

Antón Montero 05/08/2022 19:04

Outros tres barcos cargados con cereais partiron este venres de Ucraína. Levan 58.000 toneladas de gran con destino a Turquía, o Reino Unido e Irlanda.

Con eles, xa son 4 os buques que logran sacar cereais do país grazas ao acordo asinado hai 2 semanas entre Ucraína e Rusia. 

Ademais, este venres os inspectores internacionais autorizaron a entrada do primeiro barco nun porto ucraíno para cargar cereal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade