Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os enviados de Trump viaxan a Kiiv tras se reunir con Putin en Moscova

Os enviados de Trump viaxan a Kiiv tras se reunir con Putin en Moscova

A reunión foi "substancial, construtiva e moi franca", destacaron dende o Kremlin

Dende a Casa Branca sinalaron que ambas partes abordaron "plans concretos para os próximos pasos", que poderían anunciarse nas próximas semanas.

Vladimir Putin fala cos enviados de Donald Trump, Steve Witkoff y Jared Kushner, no Kremlin Vladimir Putin fala cos enviados de Donald Trump, Steve Witkoff y Jared Kushner, no Kremlin
G24.gal 06/09/2026 05:32 Última actualización 06/09/2026 10:11

Estados Unidos intensifica os seus esforzos diplomáticos para tentar poñer fin á guerra en Ucraína. Os enviados especiais de Donald Trump, Steve Witkoff, e Jared Kushner, xenro do presidente estadounidense, reuníronse durante tres horas con Vladimir Putin no Kremlin e este domingo desprázanse a Kíiv para manter un encontro co presidente ucraíno, Volodímir Zelenski.

As conversas con Putin concluíron cunha cea coa delegación estadounidense. O asesor do Kremlin Yuri Ushakov cualificou o encontro de “substancial, construtivo e moi franco” e asegurou que se analizaron distintas vías para acadar un acordo e poñer fin ás hostilidades canto antes.

Desde a Casa Branca sinalaron que ambas as partes abordaron “plans concretos para os próximos pasos”, que poderían anunciarse nas próximas semanas.

Primeira visita a Kíiv desde o inicio da guerra

Tralo encontro cara a cara con Vladimir Putin, os dous emisarios de Donald Trump puxeron rumbo a Kiiv, onde este domingo teñen previsto reunirse co presidente ucraíno, Volodomir Zelenski, para lle trasladar as posicións e propostas discutidas na reunión no Kremlin. Zelenski asegurou que o seu país está preparado para manter unha “conversa de fondo” coa delegación estadounidense.

Trátase da primeira visita de Witkoff e Kushner a Kiiv desde o inicio da invasión rusa, en febreiro de 2022. O obxectivo de Washington é avanzar nun posible acordo de paz, nun escenario no que continúan os combates e persisten importantes diferenzas entre Moscova e Kíiv.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade