Publicador de contidos
Publicador de contidos

Outro final apertado que volve saír cruz para o Breogán (59-61)

Outro final apertado que volve saír cruz para o Breogán (59-61)

Primeira parte de moi baixa anotación no primeiro tempo (21-24), que acabou levando o Valencia Basket

Jogela tivo o tiro para mandar o encontro á prórroga

G24.gal 15/10/2023 18:53

Outro final apertado que lle sae cruz ao Breogán. Gozou do último tiro para mandar o encontro á prórroga pero Jogela non acertou co aro (59-61). 

O primeiro tempo foi de baixa anotación e escasa calidade. O Valencia entrou moi frío no encontro e o Breogán acabou por diante o primeiro cuarto (15-11). O segundo cuarto lucense foi nefasto no aspecto anotador. A porcentaxe de tiro foi de 2/17 neses dez minutos e, sen facer nada do outro mundo, o Valencia marchaba ao descanso por diante (21-24). 

Mellorou algo o espectáculo na segunda metade. O Valencia empezou mandando pero o Breogán puido reaccionar e conseguiu unha diferenza de cinco puntos (41-36). O último cuarto seguiu na mesma dinámica. Os visitantes remontaron (42-45) pero estaba claro que o encontro se ía decidir nos últimos segundos vista a igualdade.

Unha tripla de Jogela puxo o 57-54, pero apareceu Robertson con cinco puntos seguidos liderando un parcial de 0-7 a prol do equipo laranxa (57-61). A 15 segundos, o Breogán conseguiu poñerse a dous (59-61) e recuperou a bóla na seguinte xogada, pero Brandon Davies freou o avance de Juan Fernández. Aínda lle quedou un tiro a Breogán, foi ás mans de Jogela (14 puntos), mais non logrou o obxectivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos