Cargando resultados...
Unha escola de Vilalba loita para que a danza galega contemporánea teña o seu espazo
A Escola de Movemento leva o folclore galego adaptado á técnica da danza clásica ao mundial de danza
G24.gal
15/02/2025 14:16
Hai oito anos que unha asociación cultural de Vilalba, a Escola de Movemento, leva o folclore galego adaptado á técnica da danza ao mundial de danza, un espazo que ata daquela estaba copado polo flamenco.
Ademais, sufragan os gastos de alumnos para que asistan a escolas de baile europeas como bolseiros, dándolle así visibilidade ao papel dos rapaces na danza.