Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Europeo de Maratón péchase con cinco medallas absolutas para Galicia

O Europeo de Maratón péchase con cinco medallas absolutas para Galicia

Triunfo de Tono Campos (Breogán do Grove) que se impuxo no último esforzo a Manuel Garrido (Kayak Tudense) no C1

Iván Alonso (Olívico) acadou a prata no K1

A parella Campos - Garrido impúxose no C2 con Busto e Miguens na terceira posición

G24.gal 30/07/2022 14:31 Última actualización 31/07/2022 14:43

Tono Campos levou o ouro e Diego Garrido a prata no C1 do Europeo de Maratón que se está a celebrar en Silkeborg (Dinamarca). Gran traballo dos dous padexeiros galegos que levaron o peso da proba canda o portugués Sergio Maciel. 

Pouco a pouco conseguiron marcar diferenzas e xogáronse todo no esprinte despois de padexar durante máis de dúas horas. O máis forte foi Campos que lle sacou sete segundos a Garrido nese derradeiro esforzo. Por detrás Maciel non puido aguantar o ritmo dos galegos nos últimos cincocentos metros e entrou a 35 segundos. 

Tamén chegou ao esprinte final o tudense Iván Alonso (Olívico) pero cedeu no último intre diante de Mads Pedersen. O dinamarqués competía na casa e apoiado polo público atopou o último alento que o levou ao triunfo. 

Na xornada do domingo houbo medallas para catro galegos, que chegaron no C-2 masculino. A parella formada por Tono Campos e Manuel Garrido, medallistas xa onte, acadou o ouro, superando logo dos portes aos polacos. Pero é que ao podio subiron tamén Fernando Busto e Diego Míguens para recibir a medalla de bronce.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos