Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense volve rexistrar as temperaturas máis baixas de Galicia

Ourense volve rexistrar as temperaturas máis baixas de Galicia

A mínima foi en Calvos de Randín e en Xinzo de Limia, con oito graos baixo cero

Mañá muda o tempo: entran as borrascas e soben as temperaturas mínimas

A Torre de Sandiás sobresaíndo entre a néboa, esta mañá na Limia
G24.gal 05/04/2022 14:35

Mañá entran as borrascas e o vento do sur e remata este episodio de frío extremo que deixou Galicia baixo cero durante as noites, especialmente, no sur da provincia de Ourense, onde se volveron rexistrar as mínimas de Galicia: menos oito en Calvos de Randín, en Xinzo, menos cinco en Verín, menos seis en Baltar...

O bo nesta zona, sinalan os veciños, é que o sol sae pronto, apenas hai néboa. Houbo algúns bancos a primeiras horas da mañá pero dispersáronse rapidamente, e o sol vai quentando ao longo do día, de maneira que a oscilación térmica entre o día e a noite pode chegar aos vinte graos. Aquí en Xinzo está previsto hoxe chegar aos 16, 18 en Verín e ata 20 graos en Ourense cidade.

Xeadas

O problema das xeadas nesta época do ano é que as froiteiras xa comezaran a agromar e os agricultores temen que se perda o froito este ano. Din, incluso, que a xeada queimou os tomates dentro dos invernadoiros.

"Mete medo. Onda a nosa casa parece un pé de medo, e a min levoume todo: tomates, pementos e todo", asegura unha veciña de Xinzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade