Ourense supera os 2000 casos activos e aumenta a presión hospitalaria
En 24 horas aumentaron en once as persoas ingresadas en planta
Na área sanitaria de Ourense os datos non son nada bos. En 24 horas aumentaron en once as persoas hospitalizadas en planta e os casos activos xa superaron a barreira dos 2.000.
A cidade de Ourense amence este domingo da ponte da Constitución con 1.046 veciños e veciñas enfermas de covid, hai un mes non chegaban ao cento. Tras a capital, o concello de Barbadás é o que máis preocupa na provincia.
Con esta evolución na maioría dos municipios, volven as ringleiras de coches ao Covid-auto do hospital de Ourense. A positividade está sendo moi alta aquí. O sábado, de case 1.800 probas feitas, 200 deron positivo.
Un total de 2.041 pacientes están pasando a enfermidade, nun mes multiplicouse por doce. E soben as hospitalizacións a 64, sete na UCI. Coa ponte e as xuntanzas, dende Sanidade prevén que sigan subindo. Cóidense.