Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense, Lugo, Santiago e Ferrol prenden a iluminación de Nadal 

Ourense, Lugo, Santiago e Ferrol prenden a iluminación de Nadal 

A Coruña, o sábado, e Pontevedra, o día 16, son as máis tardías no acendido 

G24.gal 02/12/2022 21:30 Última actualización 02/12/2022 21:40

As expectativas estaban altas. A xente tiña ganas de sentir o Nadal e de camiñar baixo as luces festivas.

Santiago, Ourense, Lugo e Ferrol prenderon este serán esa maxia. As luces desataron felicidade, risa, ilusións e saudades. Había moitísima xente agardando o momento en todas as cidades.

Ourense, ademais de ter a árbore máis alta de Galicia, tivo a mestra de cerimonia máis lonxeva, Esperanza Cortiñas, que mañá fai 106 anos. Tivo uns lucidos parabéns.

Brillantes traxes de festa para cidades, vilas e aldeas galegas onde, malia a friaxe, apetece vivir e saborear rúas, prazas e barrios que as luces converten en agasallos anticipados de Nadal.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade