Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense e Leiro rozan os 41 graos noutra xornada de moita calor no interior de Galicia

Ourense e Leiro rozan os 41 graos noutra xornada de moita calor no interior de Galicia

Localidades do sur de Lugo e da comarca de Valdeorras superan tamén os 40 graos

G24.gal 09/08/2022 21:07

O val do Texo, en Toledo, e os concellos ourensáns da bacía do Miño foron os únicos de toda España onde había aviso laranxa por altas temperaturas. E ben que se cumpriron os prognósticos.

Leiro e Ourense rozaron os 41 graos aínda que finalmente foi na capital onde se bateu a marca do día: 40,9 graos as cinco e media da tarde.

 A dirección xeral de emerxencias activou a alerta orientada sobre todo a que se extreme o coidado dos nenos, anciáns e persoas vulnerables.

Sen chegar o extremo da bacía ourensá do Miño, tamén fixo moito calor en amplas zonas do interior de Galicia, onde se activara o aviso amarelo.

En Ribas de Sil, no sur de Lugo e en Vilarmartín de Valdeorras tamén superaron os corenta graos. En Pantón, Arnoia e Laza andaron preto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos