Xiana do Teixeiro fálanos do seu documental 'Crías'
'Crías' é un filme documental experimental que é parte da mostra 'Facer aparecer' do Auditorio de Galicia
film-zine 'Crías' baséase nos contidos de diarios de nenas e adolescentes de distintas épocas
Xiana do Teixeiro explora a escrita íntima das mulleres novas, os diarios de ducias de adolescentes. O proxecto de Crías ten distintas extensións: unha mostra, un posible libro, clubes de diaristas...e un filme documental.
Entramos na cultura de dormitorio, concepto que define o espazo privado e as prácticas creativas, de ocio e de construción de identidade que desenvolven as persoas adolescentes, tradicionalmente mulleres, dentro dos seus cuartos.
A este artefacto audiovisual Xiana do Teixeiro chámalle film-zine, unha sorte de ensaio audiovisual que analiza en colectivo, fragmenta a escrita e fai e desfai incluso a propia narración da mesma película.
Estas crías teñen un longo percorrido por diante: entre as súas citas inminentes está a estrea do filme en Cineuropa.