Ourense é a provincia española con menos fumadores
O 16 % fuma a diario, fronte ao 20 % de media española
Son datos da Asociación Española Contra o Cancro, que os atribúe ás estratexias de prevención
O 64 % dos ourensáns non fumou nunca e un 17 por cento deixou o hábito, o que sitúa a porcentaxe de non fumadores por riba do oitenta por cento da poboación. Só o 16 por cento dos ourensáns se recoñecen fumadores habituais, fronte ao 20 por cento de media en España.
A Sociedade Española contra o Cáncer usa estes datos para medir o resultado das súas estratexias de prevención, coma os espazos libres de fume e as campañas dirixidas á poboación máis nova.
"Vemos que é o que pode diminuír ou atrasar o consumo entre a poboación infanto-xuvenil", sinala Patricia González, técnica de prevención da AECC en Ourense.
Os datos melloraron sensiblemente desde a entrada en vigor da actual lei antitabaco, aplicada desde 2011.
Hugo Gómez Márquez, pneumólogo do CHUO: "Entre dez mil e doce mil pacientes diminuíron o tabaco en Ourense e agora temos uns 51 mil pacientes que fuman a diario, polo que temos que seguir avanzando".
En pleno proceso de aprobación da nova lei, apelan a unha ampliación dos espazos sen tabaco, responsable do 30 % das mortes por cancro.