Cargando resultados...
Ourense despide as festas con éxito de participación
Aos veciños sumáronse os turistas, en aumento desde a chegada do AVE
A Praza Maior de Ourense, abarrotada durante as festas
G24.gal
26/06/2022 13:31
Última actualización 26/06/2022 13:55
Este domingo rematan as festas en Ourense, tras cinco días de concertos e actividades que encheron de xente as rúas da cidade, con propostas coma o mercado medieval, concentrado nos arredores da praza Maior. Tamén tiveron numeroso público os concertos de Rulo y la Contrabanda, Morad ou Taburete, así como as orquestras, a Olympus ou o Combo Dominicano.
Turistas
Ao longo do mes de maio, preto de 30 mil persoas visitaron Ourense. Tamén aumentaron as pernoctacións, equiparables ás de 2019, a pesar da escasa oferta hoteleira que hai na cidade.