Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourense C. F., da Primeira Autonómica á Primeira Federación en dez anos

Ourense C. F., da Primeira Autonómica á Primeira Federación en dez anos

O club cambiou de nome en 2014 e logrou catro ascensos nunha década

G24.gal 29/04/2024 20:27

O Ourense Club de Fútbol culminou un proceso que comezou hai unha década. En 2014 tras a desaparición do Club Deportivo Ourense, o Ponte decidía cambiar o nome cando estaba en Primeira Autonómica e adoptar unha nova denominación. O obxectivo era ir camiño do profesionalismo, algo que semellaba moi complicado pero no que deron pasos firmes ata acadar o fito do ascenso á Primeira RFEF dez anos despois. 

Na primeira temporada ascenderon á Preferente, categoría en que só estiveron dous anos. Liderados por Fran Justo, conseguiron o ascenso á Terceira División, categoría en que non tardarían en asentarse. Na 19-20 acabaron no segundo posto por detrás do Compostela, co que perderon a final polo ascenso á Segunda B. 

A campaña seguinte, a primeira de Rubén Domínguez, foi unha decepción, pero a folla de ruta estaba claramente marcada e confiaron no técnico ourensán, co que acadarían o ascenso á Segunda RFEF na 21-22 logo de ser segundos no torneo regular e tras superar tres eliminatorias, a definitiva diante do Llerenense estremeño cun 4-0. 

Tocou asentarse na 2.ª RFEF, e custou moito o primeiro ano; houbo que sufrir ata a eliminatoria do play out. A vitoria ante o Beasain nese agónico enfrontamento permitiulle afrontar este campionato en que se proclamaron campións contra todo prognóstico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos