Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense aproba os seus primeiros orzamentos en cinco anos

Ourense aproba os seus primeiros orzamentos en cinco anos

O pleno extraordinario celebrarase este luns cun total de 116,7 millóns de euros

O acordo entre Democracia Ourensana e o PP permite desbloquear as contas

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 21/07/2025 15:50

Ourense contará cos seus primeiros orzamentos en cinco anos, cunha dotación de 116.700.226,82 euros, tras a aprobación inicial prevista nun pleno extraordinario este luns.

Ademais dos orzamentos municipais, a orde do día inclúe tamén os da Comisión Municipal de Deportes (CMD).

A aprobación será posible polo pacto alcanzado entre Democracia Ourensana e o PP, que se comprometeu a absterse, despois de facilitar tamén o goberno en minoría de Gonzalo Pérez Jácome.

O acordo fíxose público o venres pasado e a portavoz popular, Ana Méndez, explicou a súa posición asegurando que “non estamos aquí para bloquear”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar